Saltar ao contido principal

Publicacións

A noite das cebolas (Próxima reunión: 28 novembro, 11:30)

Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa propia morte. Contra todo prognóstico, unha corza esmagada no asfalto, un raposo famélico chamado Leonardo, un furtivo farfallán e retranqueiro, un torneo de fútbol veterano, unha nena que cheira a ouriños e unha sementeira de cebolas acompañada dun breve tratado para o seu cultivo demóstranlle que a vida, ás veces, é quen de meter un gol no tempo de desconto. 

Á lus do candil

Á lus do candil é unha colección de quince relatos nos que a imaxinación e o humor xogan un papel importante á hora de desenvolver as sorprendentes historias de misterio que xorden da vida cotiá. Coma os contos que se comparten o carón da lareira, as narracións de Fole conservan toda a frescura e espontaneidade, toda a graza e lixeireza que autores coma Italo Calvino consideran unha das virtudes fundamentais das obras literarias. Este libro foi unha contribución esencial ao rexurdimento da narrativa galega de posguerra.

Querida Paula

" En máis de trinta anos de exercicio como avogado, teño escoitado, por boca dos meus clientes, moitas historias de amor e outras tantas de desamor, segundo queira un tomar partido por algún dos afectados. Estou a falar das historias de homes e mulleres que acoden ao meu despacho para resolver os aspectos legais da súa separación ou divorcio. Di a sicoloxía, cada vez máis vencelleda ao dereito, que o proceso de ruptura de parella é, polo xeral, o episodio máis estresante e traumático de cantos acontecen na vida dun adulto, despois da morte dun fillo. Coas limitacións que impoñen os meujs escasos coñecementos da primeira das disciplinas, podería subscribir tal afirmación se fago caso de canto me teñen narrado na consulta clientes duns e doutro xénero metidos en semellante lea"...

O banqueiro anarquista

O banqueiro anarquista. O seu melhor e mais conhecido conto, sobre um banqueiro que se descreve a si mesmo como um “anarquista”, que ama a liberdade e odeia as imposições sociais, e que acha que a melhor forma de se ver livre das amarras da sociedade e da influência do dinheiro... é adquirir o máximo dinheiro possível para que ele deixe de ser um problema.O livro inclui 6 outros contos que foram encontrados na casa de Fernando Pessoa após a sua morte: Na farmácia do Evaristo, No jardim de Epíteto, Um grande português, A pintura do automóvel, Na floresta do alheamento e A hora do Diabo.

Defuntos e santos inocentes

Defuntos e santos inocentes consta de 63 relatos curtos, escritos en primeira persoa cun estilo áxil e doado, que invita a unha lectura amena, divertida e relaxada, o que non está en absoluto rifado co compromiso soical dos escritos, que denuncian de maneira inequívoca e decidida, máis tamén literaria e non panfletaria, as inxustizas ás que nos ten acostumado este mundo inmundo...