Elizabeth e Denton son o que Isaac Asimov chamaría «medievalistas», o cal, nun contexto futuro, identifica aquelas persoas que rexeitan a vida urbana e o progreso tecnolóxico, avogan por unha volta ao rural e anhelan os usos e costumes do pasado. Non obstante, o que seduce a parella de mozos non é tanto a filosofía medievalista coma a época vitoriana. Aos seus ollos, o estilo de vida británico do XIX é o contrapunto ao Londres distópico do século XXII no que viven.

Comentarios
Publicar un comentario