Saltar ao contido principal

Criminal

Un asasinato múltiple cometido no medio rural galego é o punto de partida argumental que Xurxo Borrazás aproveita para reconstruír non tanto a historia dunha traxedia persoal coma a traxectoria social dun mundo, dun espacio real que o mesmo autor coñece á perfección. Desta volta, Xurxo Borrazás propón unha visión crítica tanto máis efectiva canto a ficción na que se apoia non só emprega as convencións literarias senón que as subverte, obrigando á narración a amosarse tal cal: un presente narrativo que pode ser un presente real, unha historia de ficción que intensifica a propia función narrativa ata acadar unha verosemellanza incuestionable.

Comentarios