Na difusa fronteira entre a Galicia interior e o norte de Portugal pode ocorrer calquera cousa. Quen habita ao carón e a outro da raia viven baixo o influxo da caprichosa néboa que trastorna a persoas e animais cando se estende. Territorio de meigas, de posuídas e aparecidos, os protagonistas deste libro, os arraianos, desgastan os milenarios camiños empedrados que percorreron durante séculos contrabandistas, fuxitivos e os exércitos de España e Portugal na súa disputa por un territorio que non ten máis dono que os megalitos gravados polos antigos.

Comentarios
Publicar un comentario